Imaxe de cabeceira
Fomento da lectura
Makinaria

Por Clara Rey (2º ESO)

É un libro de poesía que trata sobre os sentimentos dun rapaz duns 16 anos ao que lle gustan moito os coches e facer carreiras. Gústalle facer derrapaxes e ir a moita velocidade.
El pensa que ninguén o entende

Eles,
Coa súa lista interminable
De fainos caso e deberías de,
Non entenden
Que compartimos a mesma casa,
Pero non se cadra o mesmo planeta.

Non quere facer o que lle din seus pais

Eles,
Que repasan cada noite
As contas da laiteira,
Que tratan de envolverme
Con ese ton de voz de
Rapaz,para un momento,
Mallan en min seguido
­­-­pum pum,pum pum
Co Martelo constante do dever:
A ver que fas da túa vida
(eu que sei)
Vai matinando un pouco no futuro
(Paso diso)
Algo práctico que teña saídas
(o que cadre)
Un choio que che dea de comer
(malo sera).

Pero como non fai caso morre nunha carreira e é aí cando se dá de conta de todo o que perdeu.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.