Lecturas en galego para o verán
No blog Trafengando Ronseis acaban de publicar unha entrada titulada “No verán, lemos en galego” na que presentan as recomendacións de lectura para o verán
Facemos nosas as súas palabras:
“A boa Literatura galega e as boas traducións permítennos asegurarvos un verán cheo de soños, poesía e ilustración. Para todas as idades e para todos os gustos. Porque a poesía non se le só unha vez ao ano celebrando o Día da poesía, porque a fantasía non ten estacións, nin a banda deseñada ten un tempo determinado: o verán permítenos ollar o mar, o horizonte, e os soños… cun libro na man. En galego.”
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]