Por Arantxa Rodríguez Fernández
Os pasados 9 e 10 de maio disputouse a Copa de España cadete 1000 m. no lugar de Asturias-Trasona, igual que o Control Infantil de 3600 m. O náutico de Boiro-Piragüismo Rías Baixas asistiu con 18 membros da entidade, 7 infantís e 12 palistas cadetes.
O día 8 de maio saíron, cara a Asturias, ás 9 da mañá. Cando estaban saíndo de Galiza tiveron un pequeno percance, aproximadamente sobre a unha e media da tarde, volcoulle o remolque e rompeulle tanto a cabezalla do mesmo, como algunhas das embarcacións. Cando lles chegou a peza nova e a deron montado eran as cinco e media da tarde, polo que levaron aos rapaces, que tiñan permanecido nas furgonetas, a comer algo, para poder logo continuar o camiño.
Ao chegar ao campo de regatas empezaron a preparar algunhas cousas para os días seguintes.
Na mañá do sábado, tocoulle madrugar aos palistas cadetes. Na primeira saída participou o palista Manuel Martínez Puente na final home cadete A C-1 onde quedou 4º de España. Na segunda, saiu Iván Caamaño González que se clasificou 5º na final B home cadete B C-1. Na terceira saída, tocoulle saír a Marta Folgar Martínez que se clasificou 7ª de España na final C muller cadete K-1. Na cuarta, saíu Andrea Vázquez Segade que conseguiu o 2º posto na final A muller cadete A C-1. E na quinta saída e última da mañá, saiu Arantxa Rodríguez Fernández que conseguiu o 5º posto na final A, muller cadete B C-1.
Ao rematar a comida remaron Sara Sánchez Piñeiro e María Castro Ares que conseguiron o 5º posto na final B muller cadete K-2. A continuación participaron Miguel Silva Casais e Carlos Iglesias, K-2 masculinos, que quedaron en 6º lugar na final C, e Pablo Figueirido Blanco e Sergio Calo Oliveira, que chegaron á meta da final B en cuarta posición.
Depois tocoulle o turno a Manuel Martínez Puente e Iván Caamaño González, en C-2, que quedaron de sétimos na semifinal e, por último, a parella Arantxa Rodríguez Fernández e Andrea Vázquez Segade en C-2, a pesar de teren a embarcación rota por varios sitios, proclamáronse campioas de España da Copa Mil.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]