Imaxe de cabeceira
Música ...de aquí e de acolá
Biribirlocke

Imos a deixarvos a ficha do grupo do que forma parte o noso compañeiro de 2º de Bacharelato Martín Castro (2º pola dereita)

biribirloke

Cando naceu o grupo?

2010, aínda que comeza a súa andaxe e a moverse seriamente en 2012-2013.

 De onde son?

De Bugallido (Ames), aínda que con dous compoñentes de Rianxo.

Compoñentes

Benja Seoane (Voz), Santi Pajón (Guitarra), Hector Ojea (Batería), Antón Torroncho (Baixo), Martín Castro (Saxofón tenor), Roberto Bolaño (Trompeta). En época de festivais e outros traballos contan con máis ventos, como son Roque (Trombón) Amaro (Saxo) e Miguel (Trompeta).

 

 

 

Discografía

Disco sacado o ano pasado chamado Biribirlocke. Ten máis traballos como son videoclips, colaboracións nun disco de Ruxe-Ruxe que se estrea o 18 de Abril na Capitol chamado Mundo Imperfecto, primeiro premio en algúns concursos como o Revenidas.

Temas en colaboración como o sacado en breves do disco da Escola do Rock. Entrevistas en Planeta Furancho, RTVG, Radio Ames, etc.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.