Imaxe de cabeceira
Fomento da lectura / Club de lectura Ex Libris
As voces baixas

Por Natalia Martínez

As voces baixas de Manuel Rivas é un libro autobiográfico no que o narrador relata acontecementos da súa vida dende que tiña pouco máis dun ano ata a morde da súa irmán maior María e os seus pais. A obra está estruturada por capítulos curtos e en cada un relata unha historia que lle aconteceu.
Comeza falando do primeiro medo que lle produciron dous cabezóns que resultaron ser os Reis Católicos (Isabel e Fernando) e que perde ao rematar a obra.
Na miña opinión é un libro bastante crítico é irónico, por exemplo, a escola onde estudaba chamábase “O catecismo” (ou algo semellante) feito que resulta un pouco chocante. A crítica resalta tamén nas referencias que fai á educación que se impartía durante a ditadura Franquista. Recordo un capítulo da obra onde se trataba especialmente este tema. O profesor mandaba aos alumnos perseguir a un neno por botar un berro na clase (non se especifica o que di).
A represión e a censura vense ao principio da obra cando fala do Xestal, un cómico da radio que é detido por menospreciar ao castelán ante o galego.
Tamén me chamou á atención a dureza coa que fala da vida no campo, como o capítulo no que fala de que a nena pastora non podía regresar á casa ata que “pisara o sol” ou en como as mulleres levaban as cousas na cabeza para ir ao lavadeiro ou ás leitugas.
Unha das cousas que máis destaca para min é a personalidade de seu pai. É un home que el define como “con rarezas”. Ocultáballes as súas enfermidades e pareceume raro tamén os seus “remilgos” á hora de matar o porco, que nessa época era aínda máis común ca agora.
A presenza da música tamén é bastante importante na obra: seu pai tocaba nunha banda e ata choraron cando se desfixo do vello saxofón.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.