Imaxe de cabeceira
Fomento da lectura
Poétic@

utrFran Alonso, é o autor de Poétic@, o seu último libro que el mesmos define como “poesía dixital e transmedia”. Un artefacto mestizo no que o texto interactúa con materiais de natureza diversa que convidan a unha lectura personalizada e sempre diferente.Trátase dunha obra innovadora, grazas ós diferentes elemento que incorpora á hora da lectura: links, audios, vídeos… Elemento que en moitas ocasións contradín a tese principal tratada nese momento. Trátase dunha obra que non era concebible hai anos, pero que na actualidade, grazas ás innovacións tecnolóxicas e dixitais foi poisble levar a cabo. Pero debe terse en conta que esta obra foi concevida desde un comezo para o formato dixital, sen pensar en ningún momento na publicación en formato tradicional.

Os precedentes anteriores a esta obra foron moi importantes e necesarios e abriron camiño. O que máis caracteriza ao Poétic@ hoxe fronte as os precedentes é sobre todo a asunción da hipertextualidade significativa e o carácter multimodal e pluridiscursivo do texto como xeito de concibir a escrita.rtyrt

Esta obra, podería introducirse na mesma tendencia innovadora na que hai anos se introduciu ao grupo poético Ronseltz.  Unha obra de gran infuencia vangardista na que os poemas que compoñen a obra forman unha maraña de fios que a primeira vista non están relacionados pero que,  se miramos máis á fondo, vemos un nexo común.

 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.