Imaxe de cabeceira
Música ...de aquí e de acolá
O videoghit

Dende hai xa 5 anos, o IES Pintor Colmeiro de Silleda organiza un concurso musical onde calquera pode participar. O que pretenden é dar a coñecer a música da nosa terra, animando ao alumnado a elixir unha canción e montar un videoclip en galego arredor dela, esa é a condición.

 

Entre os participantes deste ano están algúns vídeos dos que estivemos dando conta estes días, do CPI de Dodro ou do IES As Barxas, ademais de varios do propio centro organizador da actividade e moitos máis.

A entrega de premios terá lugar no IES de Silleda o 22 de maio, queda pouco pero aínda vos podedes animar e participar !

Para máis información, e para poder ver os concursantes deste ano e os do ano pasado están nesta web: www.eticolmeiro.com

 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.