Os departamentos de galego das tres Universidades asinan un manifesto conxunto no que alertan do perigo do galego de “se converter nunha lingua estranxeira na súa propia patria”.
Cuestionan a política lingüística da Xunta e mostran a “profunda preocupación” pola situación da lingua, en especial despois de se coñeceren os últimos datos que falan do retroceso do uso nas novas xeracións e a “alarmante” diminución de investimentos na promoción do galego.
Denuncian que estes son algúns dos efectos contraproducentes do Decreto “de plurilingüísmo” como “circunstancias ameazantes para a lingua e cultura propia do país”. A declaración defende, pola contra, unha lingua de oportunidades para “preservar a súa identidade histórica e proxectarse asemade no futuro” xa que é o galego o que, segundo anotan, “nos singulariza cunha identidade milenaria” e “nos permite acceder facilmente a un universo de 276 millóns de falantes en 27 países”.
Cara todo isto a Xunta respondeu lamentando que este fora o único xesto conxunto de cara ao 17 de maio e defendendo o decreto de plurilingüísmo, avalado por oito sentenzas xudiciais.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]