Imaxe de cabeceira
O IES rebole / Rianxiño viaxa
O alumnado de 4º de ESO viaxamos a Madrid

Por Sarai Mariño Delgado (4ºESO-C)

Como todos os anos, o instituto organiza excursións de fin de ciclo. Nós, os alumnos e alumnas de 4°ESO, este ano fomos a Madrid.

Saímos de Rianxo o 23 de marzo ás 6.30 da mañá e puxemos rumbo cara Madrid. A verdade é que a viaxe fíxose demasiado longa xa que íamos en autobús. Ás 9 e pouco da mañá paramos nun restaurante a almorzar algo antes de seguir e unha vez feito iso, non volvemos a facer ningunha parada máis ata chegar a Madrid. Así como nos íamos acercando á capital cada vez chovía máis e máis…

Madrid 4O primeiro que fixemos ó chegar foi ir a comer a un Burger King que había polo Paseo do Prado e pouco despois dispuxémonos a ir ao Museo desa mesma zona, é dicir, ao famoso Museo do Prado.
Dividímonos en dous grupos e fomos co guía a aprender distintas cousas sobre as obras de arte que había, faláronnos de Zeus, Afrodita, Apolo, Neptuno e da propia Cibeles, así como tamén nos contaron algo sobre a antiga relixión tanto católica como as diferentes que hai polo mundo.
Ó salir do museo puxemos rumbo ó hotel xa que había que facer o reparto de habitacións e deixar toda a equipaxe, e ese día non volvemos a sair máis, xa que estábamos demasiado cansos e o tempo non acompañaba.
Madrid 2O seguinte día tivemos que espertar cedo, xa que ás dez da mañá tocaba visita ó Thyssen. A verdade é que tiña cadros impresionantes, pero aínda así creo que a visita se fixo algo longa… . Ó sair dese museo déronnos tempo libre ata despois de comer que tiñamos visita na casa Musero Sorolla. Alí, o primeiro grupo entrou rápido, pero o segundo tardaron algo máis xa que a guía retrasouse. Era unha casa impresionante, chea de cadros moi representativos case todos adicados á familia. Unha das guías que había era a bisneta do propio Sorolla.

Ao saír de alí puxémonos rumbo ao Hard Rock Madrid (non todos, pero si a maioría) e despois volvemos ó hotel en metro.
madrid 1O terceiro día tocou volver a madrugar, xa que volviamos a ter cita ás dez para ver un museo, esta vez o Reina Sofía. E unha vez que saímos volvemos ter tempo libre ata que fomos visitar o Santiago Bernabéu (Estadio do Real Madrid), non todos quixeron ir, así que moitos quedaron polo centro e aproveitaron para ir ó cine ou a tomar algo.

Ao saír do estadio puxémonos a andar cara ao centro e volvemos estar algo de tempo por alí ata que marchamos para o hotel, pero desta vez a noite tocaría baixar para saír de “festa”. O problema co que nos encontramos esa noite foi que, ao non ser maiores de idade, non nos deixaron acceder a moitos sitios, pero encontramos un local no que o garda fixo a vista gorda e deixáronnos entrar. Asistimos a un concerto impresionante de jazz e despois fomos tomar algo a un bar onde se reunían os grandes pintores cando estaban en Madrid e despois, volta para o hotel.

Madrid 3O cuarto día, tocou visita á Casa de Lope de Vega. A verdade é que foi moi entretida e a casa era moi atípica, estaba moi ben. Ó saír, un grupo asistimos ó rodaxe de El Hormiguero nun dos platós de Antena 3. Foi unha experiencia xenial, pasámolo moi ben e rímonos moito… Como invitados tocounos Russell Crowe e Olivia Wilde estreando a nova película “El maestro del Agua”. Ó volver, recorremos paseando os lugares máis esenciais de Madrid e esa noite volvemos a saír de noite, co mesmo problema da noite pasada… Só que desta vez decidimos ir a tomar algo sen máis, aínda que intentar intentamos entrar nalgún pub.
E, por último, tocaba despedir os Madriles da mellor forma posible… O último día tocou ir ó parque de atraccións! Foi xenial, pero ao saír tocou a viaxe de volta cara a Galicia.
Foi unha boa excursión, aínda que a terra sempre chama…




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.