Imaxe de cabeceira
O curruncho de artistas
Mariña Pérez Rei este sábado en Rianxo

lgargola2Este sábado día 30 de maio Mariña Pérez presenta na nosa vila rianxeira o libro Boca de Gárgola. Será ás oito do serán no Salón de Actos do Auditorio.

Mariña Pérez Rei é escritora, e ainda que está afincada en Santiago de Compostela, naceu en Ames. E profesora de Lingua Galega e Literatura no instituto de Brión.

Escribe tanto poesía como prosa.  Ten públicadas as novelas: “Canícula”, “Costa necrópole” e “Contrapicados.” Ademais tamen escribiu as seguintes obras de poesía: “Fanerógama”, “Apuntamentos para un cuarto confuso e  cambiante” e “Paquidermo.”

“Boca de gárgola” é  un libro poético adicado a Compostela, que é unha cidade moi escrita, moi verseada ao longo das décadas. Pero o certo é que nos últimos anos deixou de haber poetas urbanos, poetas que viran á cidade máis alá da súa máscara de pedra, que se detiveran no que ten de humano, de cotiá e de vivo. O libro de Mariña entra nese mundo desde unha perspectiva distinta ao convencional.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.