Imaxe de cabeceira
Varia
Malditos estereotipos…

Ao alumnado de 2º Bacharelato quédannos exactamente 15 duros e intensos días de curso. A maioría de nós iremos a selectivo e teremos que tomar unha das decisións máis importantes da nosa vida, en moitos casos a primeira decisión de real importancia: que carreira estudar.

Ao longo da nosa vida e curso académico escoitamos diversas opinións sobre carreiras. Moitas destas opinións son esteorotipos, máis ou menos certos: Atopamos a clásica idea de que as carreiras de ciencias son as máis difíciles pero as que máis saídas teñen, aquí entran as enxeñerias, medicina, química…

As carreiras que peor imaxe teñen son como non, as de humanidades e letras, exceptuando dereito, a pesar de que moitos alegan que “só hai que chapar”… Estamos fartos de escoitar que o alumnado de maxisterio soamente se dedica a recortar, pegar e colorear e que os de filosofía e filoloxías teñen o títulos regalados…

As carreiras da rama económica tampouco se salvan é moi frecuente escoitar que o que vale vale e o que non vai para ADE, e os estudantes de Ciencias da Comunicación están fartos de escoitar que os seus estudos non lles servirán de nada para atopar un traballo no futuro.

Estes estereotipos a pesar de parecer estúpidos (que si que o son) teñen unha grandísima influencia en nós e tamén nos nosos pais, e en moitos casos axúdannos a tomar unha decisión, que moitas veces é equivocada. Debemos esquecer todo isto e decidir por nós mesmos. Conseguir ou non conseguir traballo no futuro non depende só de nós, o contexto no que nos atopemos tamén inflúe, debemos elixir aquilo que máis nos guste facer para ser capaces de aplicarnos máis e conseguir o noso obxectivo, e dende logo en todas as titulacións hai que estudar, a pesar de que algunhas teñen dificultades maiores que outras… Ademais sería horrible traballar toda a nosa vida facendo algo que non nos gusta soamente porque un día consideramos que tiña saídas…

Aquí temos unha mostra deses famosos estereotipos académicos:

Aproveitamos para felicitar a Román Castaño, un dos protagonistas da curta, exalumno deste centro.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.