Xa o dicía Rosalía!
A nova da detención do exvicepresidente do Goberno e o exdirector xerente do Fondo Monetario Internacional, Rodrigo Rato, é unha gran nova de actualidade. A fiscalía investiga a Rato por posible fraude, alzamento de bens e branqueo de capitais. Como vedes, pouca cousa…
Milleiros de persoas foron afectadas polos desmáns deste señor. Persoas desafiuciadas, anciáns privados dos seus aforros e tarxetas negras a conta dos contribuíntes, forman parte do seu currículum.
Xa o dicía Rosalía en A Xustiza pola man !
Aqués que tén fama d’ honrados na vila
roubáronme tanta brancura qu’ eu tiña;
botáronme estrume nas galas dun día,
a roupa de cote puñéronma en tiras.
Música: NAO
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]