Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando
O Supremo rexeita o recurso da RAG sobre o decreto que reduce a presenza do galego

O Decreto de plurilinguismo do goberno da Xunta representou sen dúbida, un menosprezo da lingua galega para, coa excusa de introducir o inglés nas aulas, reforzar o castelán.

Interpuxéronse dende diversas institucións recursos en contra deste decreto, primeiro perante o TSXG que desestimou o groso da demanda. Logo a Real Academia Galega presidida naquel momento por Méndez Ferrín recurriu en casación perante o Tribunal Supremo, o cal rexeita o recurso e dálle a razón o TSXG.

Mentres tanto, o galego vai perdendo falantes e a Xunta atribúeo a que as familias non lle falan aos seus fillos en galego. Para o goberno galego non ten ningunha incidencia na perda de falantes este e outros decretos que puxo en marcha.

Os datos da situación actual do galego falan ben claro pero o goberno non parece estar polo labor de apoiar o galego e de reverter a situación na que se atopa, para iso bastaríalle con cambiar de rumbo.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.