Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando
Modelos de lingua e compromiso

Modelos de lingua e compromisoHoxe 14 de abril, Xosé Manuel Sánchez Rei publica o seu último libro, Modelos de lingua e compromiso. O filólogo aborda na súa obra diversos temas no referente á situación da lingua galega.

Un aspecto importante ao que fai referencia é á falta de compromiso coa lingua, onde destaca a actuación dos políticos, medios de televisión ou personaxes da RAG, os cales, nin moito menos, promoven a utilización da lingua de maneira correcta senón que estes, a pesar da súa formación e posibilidades, fan unha utilización incluso ridícula da lingua. Para evitar isto, o escritor afirma que o galego ten o mundo aberto grazas ao portugués e por iso, debemos defender esa unidade básica dialectal entre galego e portugués.

O profesor universitario tamén fai referencia ao perigo que corre o galego a día de hoxe, cunha situación, como amosan as estatísticas, cada vez máis delicada, que nun último momento pode levar á desaparición da lingua. Este atraso vén dado pola falta de apoio ao noso idioma, tanto da sociedade de a pé, que se nega a substituir palabras como “pulpo” ou “pueblo” por “polpo” ou “pobo” poñendo como escusa o costume.  Ou, por outra banda, o goberno, elaborando leis que promoven o plurilingüísmo, e que deixan o estatus do galego moi por debaixo do resto de linguas.

Finalmente, debo engadir que, a situación dramática que está a vivir o galego non cambiará se non se modifica dunha maneira radical o pensar da sociedade e a maneira de actuar  dos políticos e organismos administrativos pois eles son os encargados de promover o correcto uso do galego, e se isto se consegue, o galego perdurará como o que é, unha lingua coma outra calquera apreciada e valorada polos seus falantes.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.