O pasado mes, eu (Sarela Betanzos Freire) e Carlos Piña López, alumnos de 2˚de Bacharelato, asistimos a unha masterclass de física en Santiago de Compostela.
A xornada comezou con dúas charlas didácticas impartidas por Carlos Pajares, catedrático de Física ca USC, e Cibrán Santamarina, docente da facultade, que nos introduciron na física de partículas, comenzando polo máis básico e esencial, ata chegar a cuestións bastante complexas como son a existencia de materia escura ou o funcionamiento dun colisionador de partículas. Centráronse especialmente no Gran Colisionador de Hadróns, que é un acelerador e colisionador de partículas ubicado na Organización Europea para a Investigación Nuclear (CERN en francés). Este é un proxecto que se atopa na fronteira franco-suíza, e que consiste nunca combinación de circunferencias construídas a 100 metros de profundidade, onde a máis grande ten 27 kilómetros de circunferencia. Nestas circunferencias é onde, mediante diferentes procesos, se consigue acelerar determinadas partículas en direcións opostas ata velocidades moi altas (cerca da velocidad da luz) para logo facelas colisionar entre si. En varios puntos da circunferencia atópanse bases científicas onde traballan os físicos especializados neste campo, entre os cales se atopan un importante números de profesionais galego, que analizan estas colisións e as partículas que se obteñen nelas.
A práctica que realizamos posteriormente no Laboratorio de Informática da facultade tratou precisamente sobre o acelerador de partículas. Nela, nós realizamos o labor dos físicos profesionais, analizando e clasificando as partículas obtidas en colisións reais realizadas no CERN. Logo, discutimos os resultados obtidos con rapaces doutros centros de Francia, Italia, Croacia e Finlandia que se atopaban realizando a mesma práctica. Ademais, nunha videoconferencia, as físicas españolas María Cepeda e Rebeca González que traballan no CERN faláronnos sobre un experimento que tivo entre outros obxectivos descubrir e traballar co bosón de Higgs.
Personalmente, considero que esta foi unha xenial oportunidade para adentrarme nun campo tan interesante e misterioso como é a física de partículas, antes tan descoñecido para min. Se algún de vos ten a oportunidade de participar nesta masterclass nos anos vindeiros, recoméndolle que o faga, xa que posiblemente vos resulte tremendamente interesante, independentemente dos coñecementos previos que teñades sobre a materia.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]