Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando
Isidro Novo: palabras con memoria

Isidro Novo presenta "Palabras con Memoria"Isidro novo preséntanos a sección “Palabras con memoria” dentro do xornal Sermos Galiza . O escritor pretende amosarnos, nesta rompedora sección, a cantidade de palabras que todos nós usamos a cotío pero normalmente non aparecen nos dicioarios da nosa lingua.

Isidro comezou este proxecto en 2007 cando lle comentou a un amigo seu (Cesáreo Sánchez) a súa inquetude por estas palabras que non

era quen de encontrar nun dicionario.  Ademais, o xornalista identifica un maior número de palabras no ámbito da agricultura (aguch, unha das que máis lle sorprendeu) ou tipos de froitos. Sinala ademais que as persoas que fan os dicionarios elixen entre as propostas dialectais, aquelas que consideran máis determinantes e obvian as demais e iso debe ser a principal causa de que moitos destes vocablos non aparezan recollidos no diccionario.

Por outra banda, o creador de “Palabras con memoria” dinos que, a maior parte das palabras recollidas proveñen do trato persoal, máis tamén do correo electrónico palabra.con.memoria@aelg.org ou mesmo da xente da rúa.  Tamén nos amosa o método de publicación na sección; relacionando as palabras desaparecidas no dicionario cunha “palabra vinculo” que as relacione.

Finalmente, dun modo máis persoal, o xornalista afirma que a intención desta sección é crear un léxico máis rico, rescatando palabras da ignorancia e acabando así coa monotonía léxica.

 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.