Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando
O galego nos medios de comunicación

Hai uns días lin un artigo do xornal “Sermos Galiza” onde expoñía que as axudas da Xunta aos medios en galego son ínfimas en comparanza coas que se lle dan aos que empregan o castelán. Así mesmo os medios de comunicación en galego están excluídos das campañas publicitarias institucionais, campañas polas que a Xunta paga millonarias cantidades.

Amega (Asociación de Medios en Galego) denuncia a pasividade e desidia da Xunta para coa defensa do uso do galego nos medios de comunicación. Por esta razón levou ao Parlamento, co apoio do BNG, AGE e PSdeG, unha proposición de Lei que recolle a prohibición dos convenios pola súa arbitrariedade e a reserva de parte dos orzamentos das campañas publicitarias para os medios en galego.

Ponse de manifesto, unha vez máis o nulo apoio que a Xunta ofrece aos medios en galego, pola contra, móstrase moi activa en axudar economicamente a aqueles xornais que opten por escribir en castelán. Tamén neste eido a defensa do galego por parte da Xunta reloce pola súa ausencia.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.