Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando
Galegofalantes: caza e captura do Mohicano.

O outro día, nunha entrevista para Irmandades.tv o reporteiro preguntoulle a uns mozos que qué pensaban das medidads tomadas polo goberno para defender o galego. Eles, sorprendidos, respondían que non coñecían ditas medidas, é máis, non sabían da súa existencia.

Preguntaranse por qué conto todo isto. Pois ben. Eu era un deses mozos. Unha persoa que, falando galego no seu día a día, non coñece as medidas que o goberno promulga para defendelo. Entón, por qué nos estrañamos de que o galego vaia en retroceso? Por qué nos sorprende que os mozos cada vez o falen menos? É máis normal amosar o descontento e ala, ” eu xa dixen o que pensaba, agora tócalle a outro arranxalo”.

mnkb jhvbgujhgbCerto é que os estereotipos estan, e seguirano estando por moito tempo. Que romper coa regra non é doado. Que marcar a diferenza dá medo ao principio pero, qué sería da humanidade sen xente diferente coma Newton ou Einstein? É a hora de que apareza o noso paladín e demostre que o galego é tan bo coma o castelán. Pero necesitamos axuda, axuda de todos vós. Si, vós, os que estades leendo isto. Concienciádevos do voso auténtico ser e defendede o que é voso. Pois se non o facedes vos como esperades que o fagan os demais?




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.