O pasado 3 de marzo celebrouse unha homenaxe á última intervención de Otero Pedrayo na Universidade de Santiago de Compostela, na que sorprendeu facendo por primeira vez desde o fin da guerra, uso do galego dende unha tribuna. 57 anos despois conmemorouse ese día da man da USC e a Fundación Otero Pedrayo no mesmo escenario.
Participaron na actividade persoeiros como Xesús Alonso Montero, presidente da RAG, Juan Viaño Rey, rector da universdade, Víctor F. Freixanes, presidente da institución que conserva o legado do intelectual e Patricia Arias Chachero e Afonso Vázquez Monxardín, autores do libro Ramón Otero Pedrayo. Unha fotobiografía (1888-1976).
O acto tamén serviu para a presentación do xa mencionado libro Ramón Otero Pedrayo. Unha fotobiografía (1888-1976) de Patricia Arias Chachero e Afonso Vázquez Monxardín. Libro que recolle toda a carreira do (introducir sinonimo de Otero Pedrayo) en máis de 400 instantáneas ben da sua vida pública como privada.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]