Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando
Día de Rosalía: empregando o galego facémoslle a mellor homenaxe

O vintecatro de febreiro, día no que se cumpriron 178 anos do nacemento de Rosalía de Castro calebráronse numerosos actos dedicados a autora galega, dentro e fóra de Galiza. Foron moitas ás homenaxes na súa lembranza, en forma de lecturas, ofrendas, actos institucionais…

A fundación Rosalía, xunto coa Conselleria de cultura e os concellos de Santiago e Padrón, realizou unha homenaxe na Alameda compostelana, onde deixaron dúas coroas de loureiro e  os alumnos do IES Rosalía leron varios dos seus poemas.

Durante o acto o presidente da fundación sinalou que hai 178 anos nacera en Compostela  un soño, unha esperanza para Galiza, para unha Galiza digna coa súa lingua e cultura. Así mesmo outros participantes no acto destacaron que recordar a súa figura é recordar a importancia da lingua galega “que ela axudou a levantar” e non hai mellor ofrenda que perpetuar e manter a lingua viva.

A esperanza está posta na mocidade pois de nós depende a pervivencia do galego. Empregalo é a mellor garantía, a mellor homenaxe que se lle pode facer a Rosalía. Por suposto tamén temos que ler a súa obra, pero non é o mesmo lela  como autora da nosa lingua ca  dunha lingua que xa non é nosa.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.