Imaxe de cabeceira
Sabías que...
Rianxo, un lugar da memoria
Por Xesús Costa Rodil
DSC_0125Galiza, na Guerra Civil, logo duns días de certa resistencia (Ferrol. A Coruña, Vigo e
outros pequenos focos como o Barbanza-Noia-Muros) fronte aos militares golpistas
apoiados por civís que se rebelaron contra o goberno lexítimo da II República, ficou
totalmente dominada polos sublevados. E cando os franquistas van derrotando aos leais
á República na fronte norte(Euskadi, Santander, Asturias) milleiros de combatentes
republicanos que loitaron pola xustiza, pola liberdade, polos dereitos sociais,
convértense en prisioneiros da guerra.
Precisaban buscar os franquistas espazos como centros de reclusión para tantos presos.
E Galiza, territorio ben sometido ofrecíalles garantías para a instalación de campos de
concentración. No noso pais funcionaron uns dezasete, catro deles no sur da provincia
de A Coruña, os de Padrón, Rianxo, A Pobra do Caramiñal e Muros.
Nestas localidades encontraron instalacións amplas (fábricas de salga paradas e a
inactiva factoría azucreira de Padrón) para encerrar a moitos prisioneiros que podían
transportalos con facilidade por vía marítima e terrestre.
O 14 de novembro de 1937 , o vapor “Alfonso Senra”, dos “nacionais”, ancora na
enseada de Rianxo, fronte a Portomouro, a pouco máis dunha milla da vila, cuns 1047
prisioneiros da fronte de Asturias para o penal de Rianxo situado na fábrica de salga, en
paro, dos Goday, beira da ría, isntaladas nas terras labradías chamadas antigamente do
foral de Socadío. Era domingo e dende Punta Fincheira, veciños do pobo observaban as
manobras de desembarco dos prisioneiros para trasladalos ao campo de concentración.
Había mal tempo:vento do mar e chuvia.
A outra vaga de prisioneiros republicanos que chegaron ao campo de concentración de
Rianxo foi o día 6 de febreiro de 1939, da fronte de Cataluña.
En resume, por este lugar de memoria, do que hoxe só queda a testemuña dun momento
inxel erxido no ano 2003 polo Concello de Rianxo, chegaron a pasar, de novembro de 1937 a novembro de 1939 uns 3.000 homes como mínimo. E entre este s homes a mais dos prisioneiros da guerra, estiveron presos gobernativos confirmados, seu exilio, porque os franquistas niñaos por perigosos para a Ditadura que impuñou.
Quince prisioneiros fallecidos no tempo que durou o campo de concentración soterrados
no ceminterio municipal de Rianxo onde, desde o ano 2003, quedou gravada na súa, loura, a placa da súa lembranza. Durante o seu cautiverio, os prisioneiros a solidaridade do pobo de Rianxo (levanlles comida, lavanlles roupa, danlles algo de tabaco,…) a pesar da forte represión existente. E algúns prisioneiros que volveron visitar o lugar do seu o presidio amozaron o seu agradecemento ao trato fraterno da xente do pobo!
“Miña nai dicianos que tiñamos que axudar aos prisioneiros. ¡Calade, temos fillos por aí
adiante e non sabemos o que poden necesitar” (Manuela Romero Lojo)



Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.