Busco amante galegofalante. Namórame! Ese foi o lema que empregamos este ano para celebrar o Mes do amor , que tradicionalmente desde hai anos é febreiro. Comeza na Candeloria e remata con San Valentín. E no centro este ano, ademais démoslle un toque literario , coa axuda do ENDL do IES Castro Alobre de Vilagarcía
Máis dun cento de versos de amor escritos en galego colgaron como anuncios nos cordeis da entrada. Ao lado e polo medio o convite a arrancalos para gardar ou agasallar.
A excelente selección de versos realizouna o Equipo de normalización do IES Castro Alobre de Vilagarcía e cedéunola para a realización desta actividade. Versos de poemas de autores actuais de estilos moi diversos como Rivas ou Lupe Gómez, mesturados con algún dos clásicos como Manuel María ou Celso Emilio causaron sensación entre toda a comunidade educativa. No día que se colgaron (martes 10) xa se arrancaran case todos os versos, sendo repostos ao día seguinte e volvendo a desaparecer de novo.
Algúns dos versos máis arrancados foron:
Quero quererte flexible e irreflexivo (Antón Reixa)
Mentres ti falas,
non teño frío. (Manuel Rivas)
SEXAMOS sempre xuntos liñas paralelas. (Yolanda Castaño)
Lapidarte a bicos (David Rodríguez)
Sei que non vou poder previr o futuro atentado dos teus ollos (Carlos Fontes)
A actividade tivo inmenso éxito. Sabemos que se agasallaron moitos versos, que se leron moitos máis e quedounos a dúbida de se algúns deles acabaría ou non no estado de whasapp do alumnado (era outra das propostas)
Lapidarte a bicos
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]