Por Miguel Cortés Cambeses — 1ºBacharelato A
Ana Peleteiro naceu en Riveira, o 22 de decembro de 1995. Mide 1,72 m e pesa tan só 52 kg. -Esta deportista galega compite na especialidade de triple salto de lonxitude que é a especialidade na que mais destaca, pero non é na única na que participa, xa que tamén realiza os 100 e 60 metros lisos, salto de lonxitude simple …-
Comezou a formarse na súa localidade natal, na Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza ate os 17 anos, xa que en xuño de 2013 trasladouse a Madrid para continuar no Centro de alto rendemento a súa prometedora carreira. Pouco tempo estibo alí xa que en outubro a sección de atletismo do Barcelona decidiu contratala para que continúe alí crecendo.
A pesar do pouca idade que ten, recibiu varios premios honoríficos pola súa labor deportiva, xa que foi nomeada a mellor atleta española júnior nos anos 2011, 2012, 2013 e tamén acadou o Premio de Princesa de Asturias no 2013.
A nivel deportivo non se quedan atrás os logros conseguidos pola galega, a nivel nacional son os seguintes:
- Campeona de España cadete en pista cuberta, en triple salto e salto de lonxitude (Oviedo, 2010);
- Campeona de España xuvenil ao aire libre en triple salto (Granollers, 2011);
- Campeona de España xuvenil en pista cuberta en triple salto (Zaragoza, 2011);
- Campeona de España en pista cuberta en triple salto (Antequera, 2013; San Sebastián, 2014);
- Campeona de España ao aire libre en triple salto (Castellón, 2013 y 2014);
- Campeona de España en pista cuberta en 60 metros lisos (San Sebastián, 2014).
A parte dos logros nacionais obtivo tamén logros a nivel internacional coma por exemplo o 3ª posto acadado no campionato mundial xuvenil disputado en Francia no 2011, o 3º posto no campionato de Europa júnior no 2013 e o logro mais importante o 1ºposto acadado en Barcelona no 2012. Todos os logros a nivel internacional anteriormente nomeados son na disciplina de triple salto de lonxitude.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]