Por Uxía Rial
En 1925, Vicente Risco escribiu o relato A veliña vella (parte dunha historia).
O tema deste relato é o rexeite que sofre Galicia polos seus propios fillos. Unha velliña (Galicia) encóntrase cun escudeiro que se dirixe cara ao Santo Andrés de Teixido. Esta dille que ela vai ver aos seus fillos por ver se a poden axudar a recuperar o que lle pertence e lle foi usurpado.
O primeiro dos fillos, que é avogado, dille que non ten leis para defendela. O segundo, que é escritor, dille que non pode escribir nada para ela porque deixaría de ter boas críticas e zona. O terceiro, que é un emigrante retornado das Américas, que se adica a ser un filántropo cos cartos gañados na emigración, dille que perdería os seus cartos se a defendese a ela. Por último, o derradeiro dos fillos, o labrego só se queixa, mentres agarda que veña alguén a defender os seus dereitos e a loitar contra as inxustizas que sofre. Ao final, a velliña regresa ao punto de partida, senta nunha pedra e comeza a petar nela. Aparece de novo o escudeiro, Pai Soares, de recgreso á súa tumba, despois da súa romaría.
O autor denuncia así o abandono que sofre Galicia e o galego por parte dos propios galegos.
A viaxe que a velliña realiza na procura da axuda dos seus fillos estrutúrase en tres partes: Unha presentación co encontro da velliña e o escudeiro Pai Soares, quen fai unha reverencia á velliña e os dous manteñen unha conversa, porque ambos son vellos coñecidos, doutra época histórica. Un nó, no que a velliña fala con todos os seus fillos para pedirlles axuda, se ben ningún deles se presta a colaborar con ela. Un desenlace, onde a velliña volve a encontrarse co escudeiro que volve da súa peregrinaxe. Cerrando así o círculo aberto no comezo da historia. Pero deixando unha porta aberta a través do subtítulo: parte dunha historia…
A historia transcorre na vila e no rural. Trátase dun espazo verosímil, xa que todo ocorre en lugares recoñecibles, aínda que non se especifica o nome do lugar.
Tampouco se fai referencia ao tempo. Parece que as coordenadas espazo-temporais non existen ou non interesan nesta historia, como se se quicxera facer válida para claquera época e lugar.
A persoa narrativa deste texto é a terceira persoa, polo tanto a perspectiva é externa ao propio relato, é heterodiexética. O narrador é omnisciente, está en terceira persoa e opina sobre os feitos, xa que á velliña trátaa con cariño, desde o mesmo título en que aparece ese sufixo afectivo tan típicamente galego: -iña.
Os personaxes deste texto son: a velliña, que representa no texto a Galicia; o escudeiro Pai Soares, que representa a aqueles galegos doutra época histórica, da Idade Media, que eran donos do seu territorio, da súa lingua e do seu destino, cando Galicia era un reino. Pai Soares recoñece á velliña como quen en realidade é; mentres que o avogado, o escritor e o filántropo, que son os fillos da velliña representantes das clases poderosas, ou o labrego, que representa ás clases baixas, non a recoñecen, non recoñecen á súa nai.
Esta historia está chea de significados simbólicos, o seu propósito é que os galegos tomen conciencia da súa propia identidade. Nos tempos de Risco e hoxe en día, co abandono do galego por parte dos seus falantes e co aumento da xente que rexeita a súa propia cultura, estaría moi ben que moita xente lese este texto,entendería en que consiste a desgaleguización.
BANDA DESEÑADA: A velliña vella
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]