Imaxe de cabeceira
O IES rebole
Videoconferencia con estudantes de lingua galega Londres

Por: María Villanustre e Sandra Cerqueiras (1º ESO) 

O pasado venres 5 de decembro, nenas e nenos de 1ºA , 1ºB , 1ºC e alguns ne nos de 1ºD, estivemos facendo unha videoconferencia con 14 londinenses de segundo de secundaria do instituto “Cañada Blanch”, un instituto de Londres no que dan como lingua optativa o galego. Movémonos á aula de informática do edificio principal onde estaba preparada unha pantalla moi grande que nos permitía ver a todos a conversa que algúns representantes do IES mantiveron co alumnado de Londres.

Sete alumn@s de 1ºB  fixeronlles preguntas que tiñan preparadas. Esas persoas foron: María Villanustre, Sandra Cerqueiras, Xabier Ordoñez, Juan Sebastián Vargas, Ricardo Mosquera, Brais Aido e Alejandro Diaz. Tamén eles nos fixeron pregutas a nós. Estivemos conversando sobre os nosos gustos e as nosas orixes. Descubrimos que alí había estudantes descendentes de galegos que coñecian Galicia, pero tamén ingleses e fillos de andaluces e de outros lados que ningún contacto tiñan coa nosa terra. Ao final pedíronnos que lles cantáramos a RIANXEIRA. Estivemos  cantando a coro todas as clases presentes.

FOI UNHA EXPERIENCIA INOLVIDABLE!!!!!!!!!!!

 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.