Desde a Concellaría de Cultura chéganos o anuncio das actividades que se van facer sobre Castelao esta fin de semana no concello onde nacía Castelao un 29 de xaneiro de 1886.
Venres 30 de xaneiro
20.30 h – Auditorio de Rianxo
PRESENTACIÓN, MESA REDONDA E INTERVENCIÓNS MUSICAIS E PLÁSTICAS
O acto no que se inclúen estas propostas:
Presentación do Suplemento cultural A Voz de Barbantia – xaneiro 2015
Mesa Redonda ” A prensa do humor: o pouso de Castelao nos humoristas gráficos de hoxe ” con Luis Davila, David Pintor (de Pinto&Chinto) e Xosé Lois González Vázquez (O Carrabouxo), moderados por Moncho Ares (delegado comarcal de La Voz de Galicia)
Intervención musical de María Varela e Francisco Cardama
Intervención plástica do pintor Carlos Triñanes
Sábado 31 de xaneiro
12.00 h – Busto de Castelao no Paseo da Ribeira
OFRENDA FLORAL E POSTERIOR INTERVENCIÓN DE AUTORIDADES
19.00 h – Auditorio de Rianxo
TEATRO INFANTIL: COUSAS DE CASTELAO A CARGO DE TÍTERES CACHIRULO
A obra está recomendada para nenos e nenas a partir de 5 anos. As entradas son de balde e poden retirarse (máximo 2 por persoa) unha hora antes do comezo da representación.
APROVEITADE!
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]