Logo de ver os documentais sobre o uso da nosa lingua no ano 2008, e de recoller datos nos informes do IGE sobre a situación da lingua galega na actualidade e comparándoo co
anterior informe deste Instituto cheguei á conclusión de que non hai futuro para a lingua
galega.
Actualmente, a mocidade galega fala cada vez menos galego, debido a que é posible
desenvolverse social e academicamente e a que temos máis prestixio se falamos o castelán, porque é considerada a “lingua de moda” ou de “cidade”, ca que podemos chegar máis lonxe.
A parte dos prexuízos sobre a lingua, o problema da diminución de falantes ven tamén
porque é posible vivir en Galicia e non utilizar nunca o galego, porque non é necesario para
a vida cotiá. Tamén no caso da mocidade ante o ascenso de falantes en castelán, resulta
moi difícil manterse falando unha lingua diferente.
Dentro do mundo actual existen moitas linguas diferentes, cada unha delas cunha identidade e cunha cultura e tradicións propias, que son as que fan que exista a diversidade cultural. Se comezan a rexeitar estas linguas, a deixar de falalas e a substituílas por outras acabaremos nun mundo onde se fale unha única lingua, un mundo no que non haxa diferencias culturais, no que non haxa diferentes interpretacións da realidade. E isto está sucedendo co galego, se deixamos de falar o galego en Galicia, perderemos a nosa cultura, o que nos fai diferentes. Estamos ante un conflito lingüístico moi claro, primeiro lentamente e agora a gran velocidade o castelán foise apropiando das funcións que lle corresponden ao galego, lingua propia de Galicia, converténdoo nunha lingua minorizada e reservada para o ámbito familiar e rural. Este proceso iniciouse fai séculos, ca chegada do castelán de man dos poderosos, que inculcaron na poboación que o galego era unha lingua inferior, e dende aquela comezou a substitución lingüística, da que agora sufrimos as consecuencias.
Para frear esta substitución lingüística que está a sufrir o galego a única solución é a
normalización da lingua, é dicir que o galego volva a estar presentes en todas as funcións
que debe desenvolver unha lingua propia dunha comunidade de falantes. Temos que
sentirnos identificados con ela, incluíla no ámbito social, laboral, cultural, educativo,
institucional… Para isto debemos que esquecer os prexuízos imperantes en toda a poboación desde que comezou esta problemática.
Pero tamén é necesario que as autoridades políticas desenvolvan un bo plan de
normalización, que promova o ensino en galego (e non en castelán como está a suceder
agora), as producións culturais en galego, investigacións científicas… para que
consideremos a nosa lingua unha lingua de prestixio coma outra calquera.
[…] –http://www.bicodaria.com/2014/12/hai-futuro-para-o-galego-3/ […]
[…] –http://www.bicodaria.com/2014/12/hai-futuro-para-o-galego-3/ […]