Imaxe de cabeceira
O curruncho de artistas
Crónica da Presentación-Obradoiro “Creadores de Rianxo”

IMG_20141219_115339Pechamos este trimestre coa crónica da actividade do venres 19, a xa anunciada nesta revista Presentación do libro Creador@s de Rianxo. Ao noso IES viñeron, tal e como estaba previsto os 12 creadores (cadrou que foron todos homes) desenvolver os seus respectivos obradoiros distribuídos nos dous edificios.

A actividade resultou un éxito, non só polo interesante que lles resultados as experiencias dos creadores ao alumnado, senón tamén a nivel organizativo.

A dificultade de argallar un sistema no que todo o alumnado estivese ao mesmo tempo nalgún obradoiro culminouse con éxito grazas á colaboración do alumnado do ENDL que se anotou para a organizacióne que axudou a que todos os grupos de alumnos e alumnas se desprazasen correctamente dun lugar a outro.

01

IMG_20141219_120445Todo o profesorado colaborador e tamén os creadores tiveron moita conta de que se respectasen estritamente os tempos establecidos (25 minutos cada encontro, con 5 minutos para desprazamentos). Así todo o alumnado puido estar en 3 obradoiros entre as 10,30 e 12,10. Ademais os de 1º e 2º ESO  desprazáronse ao Museo de Nuco, que está situado a uns 800 metros do centro.

Rematou a xornada coa inauguración da estatua que temos na entrada do edificio do escultor Xosé Piñeiro, acto ao que acudiron as fillas e a viúva do autor.

Finalmente houbo un café conxunto dentro do local do ENDL onde puidemos estar todos xuntos: creadores, alumnado e profesorado organizador.

IMG-20141222-WA0000Tamén a prensa se fixo eco do evento, ao igual ca outras bitácoras, coma a que dirixen os fotógrafos Xoán Antón Castro e Óscar Reboiras: Fotos de Rianxo, tamén participantes na obra e na actividade.

AQUÍ DEIXAMOS MÁIS FOTOS




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.