Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando
Aproveitando o Nadal para normalizar o galego

APALPADOR- No Nadal é o que toca-1webrecorte

Comeza a campaña de Nadal e como todo se enche de luminaria e simboloxía propia da época, decidimos este ano meternos nese mundo para provocar a reflexión sobre o uso da nosa lingua nestas datas. Nun contexto maioritariamente galegofalante como é o noso, o termo Nadal só entrou, no mellor dos casos, nos usos escritos dalgunha tarxeta que se faga en galego. Pero… xa non estamos no mundo das tarxetas postais. O noso alumnado vive na era dixital, no das felicitacións por whatsapp,  ou por correo electrónico … Falando empregan “Navidá” e as felicitacións electrónicas  xa veñen dadas noutra lingua, a das “Navidades” e tamén a dos Papá Noeles. Daquela acordamos que “Nadal é o que toca”

Reivincando nós, ao lado da lingua, unha cultura propia, queremos contrarrestar cunhas mensaxes que teñen como eixo o Apalpador, tanta alienación.

Tentaremos avaliar os resultados a ver se conseguimos algún dos nosos obxectivos

Aquí deixamos as imaxes e cartaces que empregamos nesta campaña

 

 

 

 

 

 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.