Imaxe de cabeceira
Música ...de aquí e de acolá
VIII Certame Galego de Bandas

Por Paula Cambeses e Aldara Muíños

cartel-certame-VIIIO próximo sábado 15 de novembro celebrarase no Auditorio de Galicia o VIII Certame Galego de Bandas, aberto a bandas de toda Galicia. Despois de moitas horas de ensaios e concertos previos, a Banda Xuvenil da Escola de Música de Rianxo participará na terceira sección.  O concurso divídese en tres seccións: terceira sección, ata un máximo de 50 músicos, a  segunda de 51 a 70 músicos e primeira de máis de 71 músicos.  En cada categoría pode haber un máximo de cinco bandas participantes.

Todas as bandas participantes teñen que tocar un  pasodobre (fóra de concurso) , unha obra obrigada  e unha obra de libre elección.

O programa que imos interpretar vai ser: Festa na Aldea, Festa na Tolda e MAN , esta última do compositor rianxeiro Antón Alcalde.

Desexádenos sorte! Para a semana xa vos contaremos como nos foi.

 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.