Imaxe de cabeceira
O curruncho de artistas / Creación literaria
PALABRAS QUE VOAN

Non sei o que sentiredes vós, os e as lectoras deste artigo, cando escribides.  Xa coñezo que moitos, se puidesen, farían desaparecer todos os utensilios de escritura cantos hai. Iso si, o ordenador, aínda sendo unha importante ferramenta de escritura, ben que o gardaban.palabras

Volvendo ao tema, se queredes a miña opinión, atopo a escritura como unha forma de expresarme e liberarme. Desafogar no papel, deixando que as palabras escorreguen do lapis e que a imaxinación e os pensamentos bulan e escapen da nosa conciencia para impregnaren o papel de ideas, sentimentos, historias e segredos.

Non todas as persoas consideran ao folio un gran confidente para gardar os nosos segredos, pero eu, penso que, se nos preocupamos de agochalo e coidar del, se o alimentamos coas nosas palabras, non amosará a ollos idiscretos cousas que non deberían ver.

Penso que se as palabras son unha das cousas máis fermosas do mundo, tan pequenas e tan grandes, tan escasas de significado e tan significativas… as palabras forman o mundo, o mundo está formado de palabras…

Esta é a miña opinión, pero para opinións cores e para cores amores. Só quero deixar claro que, queiras ou non, as palabras acompañarante na túa vida e o seu poder será maior canto maior sexa o empeño que poñas en escribilas.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.