Imaxe de cabeceira
Sabías que...
O galego deixa de ser a lingua habitual da maioría da poboación.

imagesPor Sergio Lamas e Iván Caamaño

Xa se falou disto hai varias semanas, pero nós aínda non tiveramos tempo de repousar do impacto dos datos para deixar a nosa opinión.

O galego perde outra batalla. Durante anos, a mala evolución no uso, implantación e prestixio social da lingua galega era compensada co feito de que a poboación do país seguía a tela como lingua habitual  segundo amosan diversos indicadores. Pero isto está mudando, segundo mostra o último estudo realizado ao respecto. O que o IGE amosa é que, no período comprendido entre 2001 e 2011, as persoas que din falar “sempre” galego  xa non son maioría.

Con respecto ao anterior estudo realizado unha década antes que o actual,  os falantes habituais de galego pasaron de achegarse ao 60% a non acadar nin o 45%. Concretamente, quen usan “sempre” o idioma propio de Galicia son o 44% do total, mentres que é falado “ás veces” polo 45% da poboación e “nunca”, polo 11%.

A pesar da gravidade deste estudo, na Xunta óptase por tomar a vía máis positiva. A través dun comunicado, a Consellería de Educación, da que depende a Secretaría Xeral de Política Lingüística, di “valorar positivamente a información” deste estudo, porque a conclusión obtida é  que “un 89,1% da poboación usa o galego en maior ou menor medida na súa vida diaria”. Para o Goberno cabe interpretar que “cada vez son máis numerosas as persoas que se expresan de xeito natural e espontáeno en calquera das dúas linguas”

klnsfkdndskjfnds

Os datos do IGE permiten tamén radiografar un dos ámbitos máis sensibles para o idioma, o das cidades, e mesmo rachar algúns tópicos ao respecto. Así, da enquisa tírase que Compostela é a urbe galega con maior peso da poboación que sempre fala galego, seguida por  Ourense e Lugo e aínda máis lonxe sitúase A Coruña, Pontevedra e Vigo. Atendendo a estes resultados a cidade máis desgaleguizada en termos idiomáticos é Ferrol.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.