Imaxe de cabeceira
Sabías que...
A aldea maldita de Abuín

Por Jennifer Domínguez Blanco (2º ESO A)

Aldea Madita
A aldea maldita está situada na parroquia de Leiro no concello de Rianxo. Forma parte da aldea de Abuín. Nela, hai  moitos anos, caeu unha maldición e morreron todos os habitantes.

De  entre todas as lendas a que máis se escoita polos arredores conta que os

habitantes do vello Abuín, asaltaron o Mosterio de Armenteira, e déronlle o botín ao cura para que este o escondera. Ao día seguinte este amenceu morto, e a el seguírono boa parte dos habitantes. Dise que os veciños incluso recurriron a unha vidente para que lles indicase onde estaba o tesouro, co fin de devolvelo para reparar a falta. O certo é que non se sabe nada do seu paradeiro, de feito hai quen di que o tesoro está enterrado baixo dunha das casas que conserva parte da súa estrutura, e que antiguamente era a capela.
aldea maldita

Outra teoría conta que o cura tirou un cáliz da igrexa de Leiro e a peste caeu sobre todos.

Sexa dun xeito ou doutro, o que queda hoxe en día queda é a maleza e as hedras,  as pedras amontoadas que no seu día deron forma ás sólidas construcións da aldea de Abuín, que  é a primeira entrando en Rianxo polo mar .

 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.