Imaxe de cabeceira
O IES rebole
Teatro na rúa por Rianxo adiante

 Por Alba e Aitana

20140930_130622ROs pasados días 29 e 30 de setembro, a agrupación teatral Quinquilláns fixo unha representación teatral polas rúas de Rianxo. O percorrido comezou na casa do concello,  onde apareceron o Padre Leiro e o mariñeiro Manuel, que nos levaron á casa-museo de Manuel Antonio.  No balcón da casa esperábanos Luciña, para empezar o ensaio da Fiestra Valdeira. Tras unha parada na taberna e diante da casa dos nosos máis ilustres escritores, chegamos á Praza da Igrexa, onde, por fin, puideron comezar a ensaiar.reduc 1

Así o viviron dúas compañeiras:

Por Aida Barros (3º ESO B)

A actividade realizada o pasado martes pareceume moi entretida e instrutiva, pois á parte de  entreter e divertir; amosounos, hoxe en día, un cachiño da historia de Rianxo.

20140930_132320 RO cambio dos acostumados  decorados, por escenarios reais, na propia vila, fixo máis creible e interesante  a representación, pois ibas andando polos lugares onde, anos atrás, ocorrera esa historia. Tamén cabe mencionar a gran actuación dosactores e actrices, capaces de nos teletransportar a épocas anteriores, cando os mariñeiros pelexaban polos seus dereitos e por poder traballar.

A obra relataba a historia do galego fronte o castelanismo, a loita dos galegofalantes por facer perdurar esta lingua; non só na fala, senon tamén en textos, na literatura, no teatro… Para iso, vían como peza fundamental a representación dunha obra de Rafael Dieste “A fiestra valdeira”, en galego.reduc 2

Moito máis non podo dicir, pois non podo criticar negativamente unha obra que resultou divertida, entretida e me envolveu por completo, polos decorados reais e vivos das rúas rianxeiras, polo talento dos actores e pola naturalidade da súa fala e representación, que facían olvidarse de que todo era unha obra teatral.

Por Paula Cambeses (3º ESO A):

20140930_132325R O pasado martes 30 de setembro baixamos ata o casco antigo de Rianxo a ver unha obra de teatro un pouco diferente das habituais. Nesta ocasión, os espectadores non estabamos sentados senón que iamos percorrendo Rianxo xunto cos actores, o cal me pareceu unha idea moi interesante para saír da monotonía. Nesta ruta experimentamos na nosa persoa a vida do século pasado, unha vida de severa represión fortemente condicionada polo goberno. Decatámonos da insignificancia da opinión pública no pasado cando incluso estaba prohibido pescar a sardiña e aprendemos a valorar  necesidade de mostrar a opinión do pobo e dos recursos pesqueiros.

Empezamos a nosa traxectoria no campo, onde dous actores: un cura e un mariñeiro acompañados dun acordeonista, nos guiaron ata a casa-museo de Manuel Antonio. Alí unha muller leunos un fermoso poema deste escritor. Máis tarde os representantes da obra fixeron unha pequena parada na taberna, onde gozaron bailando e bebendo e tocaron a canción “Páxaro Pinto” . Cabe destacar o momento no que o mariñeiro nos leu un fragmento do libro “Sempre en Galicia” de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao ao pasar pola casa deste escritor, no cal criticaba aos políticos e dicía que nunca poderían acabar coa nosa lingua. Finalmente fomos ata a praza de Rafael Dieste e alí contemplamos o  retrato dun home rico (Don Miguel), antigamente mariñeiro, inspirado na “Fiestra Valdeira” de Rafael Dieste. Ante a fermosura do cadro todos quedamos emocionados excepto a actriz que quedou descontenta ao ver contido nel unha agochada e verdadeira paixón polo mar. Tamén nos mencionaron ao señor de Martelo que vivía onde está actualmente a biblioteca.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.