Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando
A nosa lingua viva máis alá da morte

???????????????????????????????A celebración do Samaín no IES Félix Muriel adoptou este ano un aire máis serio ca outros anos. Non só se reclama a orixe tradicional dunha festa que renaceu a través da cultura anglosaxona, e que no IES de Rianxo se celebra con lecturas de contos de medo en galego na biblioteca, senón que o ENDL quixo poñer o punto de atención na lingua con que se lembra aos defuntos do concello.
O alumnadodo ENDL estivo traballando arreo as dúas últimas semanas para preparar unha exposición na entrada dos dous edificios na que se recollen epitafios dos que se atopan nas tumbas de todos os cemiterios do concello de Rianxo, precedidos polo lema: “A nosa lingua viva máis alá da morte”

 Nesta breve montaxe audiovisual pódese ver un pouco como foi o proceso e debaixo deixamos unhas fotos da exposición.

   

 

 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.