Imaxe de cabeceira
Sabías que...
O Tribunal Superior anula de novo o decreto do trilingüismo balear.
1411459826_900955_1411460384_noticia_normalO Tribunal Superior de Xustiza das Illas Baleares declarou nulo o Decreto para o Tratamento Integrado de Linguas (TIL) nos centros docentes non universitarios, aprobado en abril de 2013 polo Consello de Goberno. O decreto anulado foi aprobado polo Goberno de Baleares de José Ramón Bauzá para blindar a aplicación do TIL a pesar do rexeitamento de familias e profesorado .A Sala do Contencioso-Administrativo estimou unanimemente e por tres sentenzas os tres recursos interpostos polos sindicatos.  A comezo do curso 2013-2014 o tribunal bloqueou a aplicación do d

ecreto e o Goberno ditou unha norma ad hoc para apoiar a sentenza. A resolución responde así ao intento do Goberno balear de reimpulsar un mal chamado trilingüismo despois de que a xustiza anulara o primeiro decreto.

A conselleira de educación, Juana Maria Camps, defendeu no Parlamento que as análises da aplicación do TIL no pasado curso demostran que “es un buen camino y un buen sistema“, dado que se produciron melloras moi significativas. Segundo dixo, os datos analizados sinalan que “no ha habido un fracaso general”, tendo en conta que os  datos se refiren a un ano con moitas folgas.

Pola contra,  o movemento social, Marea Verde,  regresa ás rúas baleares no

marea verde mesmo día no que se coñecía a sentencia, porque non están de acordo no modo no que se aplica o trilingüísmo  inglés-catalán-castelán e ademais pretend
en  acabar cos recortes. Durante cinco días, o líder do PP e presidente do Goberno balear, José Ramón Bauzá, foi blanco de protestas simbólicas e concentracións públicas de grupos de profesores contrarios a súa política educativa. Un ano despois da inédita folga de docentes nas Baleares, que durou tres semanas, os profesores seguen mantendo as súas accións legais  para refutar a política do Goberno rexional de Bauzá.

O xoves, día 18, durante a festivadade e multitudinaria celebración da Nit de l’Art en Palma, máis de un centenar de docentes, coa súa indumentaria de camiseta verde, reclamaron a dimisión do presidente e da conselleira de Educación, Juana María Camps. O luns, día 22, o mandatario do PP foi despedido na población de Alaró, na vía pública, por un corredor de docentes que lle deron a espalda para mostrar unha desaprobación persoal.

Os docentes, co respaldo dos sectores de familias e alumnado dos cursos de secundaria e da universidade, están movilizados contra o sistema de aplicación do trilingüismo. Unha acción que se suma as actuacións contra os recortes orzamentarios, de cadros de persoal e servizos para o alumnado.

 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.