Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando
Novo curso, novas forzas

Comezamos o curso 2014-2015 e, coma todos os anos, fixemos unha presentación do ENDL para todo o alumnado de 1º ESO. Explicámoslles quen somos, que facemos e animámolos a participar. E este ano chegaron novas forzas. No vídeo anterior pódese ver un nutrido grupo de rapaces e rapazas de 1º ESO no local do ENDL desenvolvendo os traballos que tivemos en man as pasadas semanas: desde elaborar un cartel para organizar e animar as lecturas do Samaín ou outro que reivindicaba a nosa lingua nos cemiterios, ata a redacción de artigos para o blog sen esquecer a homenaxe que se lle fixo a Castelao polo 70 aniversario de Sempre en Galiza.
Esperemos que sigan colaborando asi durante todo o curso!




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.