No país dos libros
O 24 de outubro é o día da biblioteca, para celebralo facemos unha homenaxe aos libros con esta “pequena” obra de arte: No país dos libros de Quint Buchholz.
Este libro é unha declaración de amor á diversidade e singularidade dos libros, unha guía de viaxe ao reino dos lectores, poboada de indicios e pegadas duradeiras.«Do que os libros poden significar para nós fálannos os debuxos de Buchholz e as súas sabias e concisas palabras: consolo, acubillo, espello, paraugas , cama
Mergullamos por este libro e, cando acaba, emerxemos totalmente cubertos de dicha.»Elke Heidenreich.
Para Buchholz o libro é unha prolongación do corpo, da paisaxe, do cotiá, da fantasía, de todo o que nos rodea, do fogar, viaxe, evasión, un habitante máis do mundo.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]