Por Miguel Iglesias Sanmartín (2ºPCPI)
Moitas persoas que levan toda a vida falando galego comezan agora a falar castelán, segundo eles din, para “poder ter futuro”, xa que pensan que co galego “non vas a ningures”.
Ultimamente, o galego non está pasando o seu mellor momento e a moitos dos galegofalantes non se lles ocorre mellor idea que cambiar de idioma, moitos deles falan castelán agora mesmo e fano con desprezo cara o galego, porque pensan que non ten futuro.
Eu aprobo que cada quen fale o que queira, pero non podo entender que alguén deixe de falar deixar o idioma que falaba só porque crea que non ten saída. Considero que é un gran erro.
Moitas persoas maiores, que hoxe se sorprenden da liberdade que temos para poder vivir en galego, se queremos, quedan escandalizadas cando se decatan de que a xente deixa de falar galego; pois moitos deles no seu tempo non podían facelo e aínda así non deixaron de falalo; por iso agora non entenden que o abandonen porque o castelán estea mellor visto.
Sen ir máis lonxe, esta semana, o coñecido director de cine Pedro Almodovar verbalizou un dos tópicos máis recorrentes contra os galegos, unha frase bastante lamentable na que se nos identifica, coma sempre, cos ignorantes. Noutras palabras, chamounos paletos.
Obviamente, unha persoa coma el, coñecida no mundo enteiro polo éxito de moitas das súas películas, que fale así dunha comunidade autónoma do seu mesmo país deixa moito que desexar; pero parece que, ultimamente, non hai quen defenda o galego nin os galegos; ao contrario, parece que está de moda desprecialo.
Todos os idiomas teñen os mesmos dereitos. En absoluto opino que todo o mundo teña que falar galego, pero algo que hai deixar claro é que o galego é tan importante como o castelán, así o di a COstitución, pois os únicos idiomas oficiais, e polo tanto tan importantes coma o castelán dentro de España, son o euskera, o catalán e o galego.
A pesar do que digan as leis, a fama que levamos é outra. Todo o mundo sabe que os cataláns son os independentistas, os vascos son os que non teñen pelos na lingua para dicir as cousas como son e os galegos, como di Almodóvar, somos os paletos.
É ese o futuro que queremos ?
Eu, desde logo, non; pero xa se sabe, alá cadaquén e a súa liberdade de expresión.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]