Imaxe de cabeceira
O curruncho de artistas
“Reflexións dun foraxido”

 Por: José Places Tourís

A miña boa vida acabou. Todo o que tiña planeado tornou, e a miña vida, que se sustenta do roubo, acaba frustrándome. Non sei que máis facer, estou na corda frouxa, e como a Hitler, non vou deixar que me collan con vida e non o farán. Estou nun crebacabezas; entrégome e vivo como un prisioneiro o resto da miña vida ou non vivo? Non o sei, non podo cavilar con este alboroto, os meus nervios, de aceiro como o raíl que agora estou pisando, vense alterados polas sereas dos meus raptores. A miña perdición… A luz dun tren asoma entre as ramas do espeso bosque e avanza cara a min, estou bloqueado. Os gardas achéganse, entre as árbores, todo ao meu redor se converte nunha trampa, acabouse. Póñome no medio das vías, o tren é a miña única solución. Fago isto con orgullo, pois se me vou, fareino ca cabeza ben alta, e sobra todo sendo libre. O tren achégase e eu derramo a miña última lágrima. Sinto que errei e a miña vida foi unha ruína. Non che vou botar en falta vida… ( despídome, pero fágoo entre sorrisos)




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.