Presentamos o vídeo a concurso
Na última reunión do ENDL acordouse que o vídeo que acabaramos hai uns meses, e no que estivemos traballando desde o curso pasado, o iamos presentar ao concurso Ouff Escola.
Trátase dunha reflexión sobre a situación sociolingüística no noso concello a través da voz das nosas avoas. Mudámoslle os créditos incluíndo as nosas fotos e quedounos moi chulo! Se aínda non o virades, esta é a vosa oportunidade…
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]