Imaxe de cabeceira
O curruncho de artistas
Bos tempos

Por: José Benito Cores

Houbo un tempo
no que lume e xeo
eran irmáns

Houbo un tempo
onde trono e luz
eran amigos

Houbo un tempo
cando vida e morte
non se diferenciabas

Houbo un tempo
onde ben e mal
non existían

Momentos perdidos
nos que luz e escuridade
á vez aparecían

Momentos amados
onde terra e mar
xamais se separaban

Momentos perdidos
onde odio e sufrimento
eran imposibles

Houbo un tempo
onde momentos odiados
non podían existir

Aquela vez na que te amaba
como o vento ás follas
como a area ó deserto
ea auga á vida

Houbo un tempo,
bos tempos…
Xa non.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.