Imaxe de cabeceira
Sabías que...
Que celebramos o pasado 23 de abril?

Carla Vidal (PCPI-2)

Leandro Lamas   (16)O 23 de abril celébrase a nivel internacional o día do libro, unha data que ten como finalidade aproximarnosá lectura, fomentar a industria editorial e a propiedade da intelixencia mediante os dereitos de autor.
No 1995 foi a UNESCO (Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura) quen promoveu a celebración deste día internacionalmente e dende o 2001 diferentes capitais do mundo son nomeadas Capital Mundial do Libro neste sinalado día e realizan diferentes actividades culturais relacionadas co libro e a lectura.
Tamén esta data lembra a morte de dous grandes escritores en 1616: Miguel de Cervantes e William Shakespeare polo tanto non é unha elección casual.
A realidade non é exactamente así xa que Cervantes morreu o 22 e enterrouse o 23 e Shakespeare morreu o 23 de abril polo calendario Xuliano, que na realidade corresponde ao 3 de maio. Nesta data tamén se produce a morte de Garcilaso de la Vega, escritor e historiador peruano o cal foi capaz de asumir e harmonizar as tradicións indíxena americana coa europea e por isto é coñecido como “o primeiro mestizo”.

En España esta data celébrase dende o século XX, facendoa cadrar coa entrega dos Leandro Lamas   (23)prestixiosos premios Cervantes, que é un premio con gran reputación social e un dos maiores galardóns para os autores Españois.
En Cataluña coincide con esta data o día do seu Patrón San Xurxo (Sant Jordi) que tamen é unha forma reclamativa da cultura catalá. Neste día é tradición agasallar cun libro e unha rosa a parella ou persoas queridas.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.