Imaxe de cabeceira
Deportes
Fabián Domínguez campión de España en C2 junior

Piragüismo Campeonato de Europa de Maratón Adrián Castiñeiras y

Fabián Domínguez Abuín  (03/06/1996), alumno do noso IES, e Adrián Castiñeiras Troáns (06/04/1996), pertencen ao Club Náutico Pontecesures e participaron nunha proba de maratón Xuvenil de segundo ano, no marco do Campionato de España de maratón de, onde acadaron o 1º posto…

Segundo nos contou o protagonista, a proba consiste en remar 18 quilómetros e realizar 4 porteos (baixar rápido do barco e correr 180 metros e volver a remar).

Este resultado lévaos a competir en Eslovaquia o vindeiro 13 de xuño polo europeo, e en EEUU a partires do 26 de setembro polo mundial. SORTE!!!!

 Este é o vídeo da entrevista que nos concedeu

O título nacional en Badaxoz do breoganista Jacobo Domínguez, no C-1 Sub-23, e dos padeeiros do Náutico Pontecesures Adrián Castiñeiras e Fabián Domínguez, no C-2 júnior, tamén lles aseguran as dúas prazas internacionais. Claro que para ir deberán buscarse, eles ou os seus clubs, o diñeiro do desprazamento e manutención, xa que a Federación Española só pagará a viaxe de sete barcos aos Estados Unidos, os das modalidades con medalla no 2013. Unha situación, a da autofinanciación, que se estende a todos os españois que decidan acudir ao Europeo. (La Voz de Galicia)

PÁXINA PONTECESURES CON FOTOS

 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.