Imaxe de cabeceira
Sabías que...
É posible a revolución sen violencia?

Carla Tubío (PCPI)

25 de abrilFai falta sempre sangue e violencia para conseguir o que nos propoñemos? Creo que a mellor resposta a esta pregunta está na historia. Historia que comeza en Portugal nun 25 de abril de 1974 cando soaba a canción de Zeca Afonso: “Grândola, vila morena”. Os soldados portugueses estaban a tornar o seu destino, un destino que nese momento se vía truncado pola ditadura. Eran simples soldados, pero eles mesmos, sen axudas das armas, conseguiron cambiar a Historia, decidiron rebelarse e non ver como o país vivía baixo o mando dos ditadores sen que o pobo tivese ningún poder de decisión. Non era o primeiro golpe de estado que Portugal sufría, pero si o primeiro no que o único vermello foron os caraveis e non o sangue derramado. O claro exemplo de que as armas e a violencia non son necesarias para conseguir sempre o que nos propoñemos.

E a maior vitoria desa demostración, foi a Democracia, un feito que faría que a xente tivese liberdade de expresión e a censura fose eliminada. Dende aquel 25 de Abril de 1974, os portugueses celebran ano tras ano, ese mesmo día, o día da liberdade, xa que iso foi o que a eles lle aportou ese día.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.