Imaxe de cabeceira
O IES rebole / Rianxiño viaxa
Bicos con Lingua

bicoO alumnado de PCPI e primeiro de bacharelato acudiu este luns a Santiago de Compostela ao Teatro Principal para ver a obra “Bicos con Lingua” da compañía Thalia Teatro. Esta obra de  cincuenta minutos de duración afonda na situación sociolingüística de Galiza, é representada por Toño Casais e  Artur Trillo.

Esta obra é dirixida por Avelino González e foi galardoada co Premio María Casares ao Mellor Texto Orixinal e ao Mellor Actor Protagonista. Foi creada a partir de curtas historias de Suso de Toro, Cándido Pazó, Avelino González, Ana Iglesias, Xavier Lama, Marta Echevarría e Manuel Núñez Singala.  Trátase dun espectáculo que  pretende ofrecer un panorama e  ‘unha radiografía’ da situación do galego na época actual.

Ao longo da obra os distintos actores desenvolven os diferentes usos que se lles pode dar á lingua galega como pode ser o xudicial, o sanitario ou o intimista.

Esta obra foi acollida polo público positivamente dado que as risas escoitáronse durante toda a obra.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.