Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando
A historia da literatura Galega como unha literatura non normalizada.

dwtgNormalizar unha lingua significa devolver esa lingua a ámbitos de uso nos que antes non se atopaba ou dos cales, foi desprazada. Este proceso iníciase no século XIX co Rexurdimento, que trae consigo unha nova literatura que intenta facer que o pobo galego tome conciencia da súa situación a base de introducir contido moral e ético nestas novas creacións literarias. Isto demostra un compromiso por parte dos novos autores que xorden ao mesmo tempo que unha corrente, O Galeguismo.

Este movemento social, político e cultural pretende que o pobo galego tome conciencia da súa identidade e faga patente a súa personalidade. Dende o provincialismo iniciado no 1833 coa retirada de reino e a división en catro provincias até o Rexionalismo iniciado no 1886 cun grupo de intelectuais como Murguía ou Pondal, o galeguismo loitou sempre pola reivindicación da cultura e da literatura galega. O primeiro realizou un labor de defensa da cultura e da lingua, difundiu prensa para dar a coñecer o galego, creou sociedades culturais e até creou composicións musicais. O segundo encamiñouse máis e unicamente cara aspectos referidos á lingua galega.

Pero o que está claro é que este labor, aínda que duro e ben encamiñado, non logrou os seus obxectivos. A finais do século XIX, os procesos de castelanización idiomática de Galicia avanzaron a un ritmo maior debido a factores sociais como: a aparición de novos medios de comunicación en castelán, as escolas primarias en castelán, o reforzo da administración centralizadora do Estado ou a emigración do galego cara países de fala hispánica en castelán.

Dando un salto temporal, en pleno século XXI  podemos observar todos estes factores e aumentalos. Casos como os de diglosia ou bilingüismo en lugar de reducirse, fortalecéronse motivados en gran parte polos prexuízos que os propios galegos teñen cara o galego. Por iso falar dunha lingua normalizada é ilóxico cando o castelán está asociado a altos cargos, asuntos xudiciais ou labores administrativas e o galego considérase como a lingua atrasada, de pouco prestixio e do rural.

Isto vivímolo cada día cando temos que cambiar de idioma nunha tenda por medo a non ser comprendidos, o cal non ten lóxica porque, se nós podemos entender o castelán cando nolo falan, por qué eles non poden entender o galego? Non o entenden ou non lles apetece entendelo? Trátase de motivos políticos? Ideolóxicos? O que está claro é que a situación do galego nin é nin será durante moito tempo unha situación normalizada.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.