Imaxe de cabeceira
Sabías que...
3 de maio: Día Internacional da Liberdade de Prensa.

A Asemblea Xeral das Nacións Unidas, xustifica a necesidade desta conmemoración argumentando que: “unha prensa libre, pluralista e independente é esencial para a existencia dunha sociedade democrática.” Presentando xa que logo o xornalismo libre, como un piar clave na constitución dun réxime xusto e no que se garantan os dereitos fundamentais.carolina1

O principio da liberdade de expresión, é o que se vulnera cos impedimentos aos xornalistas e editoriais, para  publicar certos artigos, críticos cos valores do réxime político que os censura.

Este día pretende polo tanto, render tributo a todos os xornalistas que co seu labor informativo poñen en risco a súa propia vida, e a todos aqueles que xa a perderon, ou se atopan en situacións desfavorecidas (secuestros, guerras, etc.) por tentar exercer a súa profesión.

Como cada ano, celebrarase tamén o Premio Mundial da Liberdade de Prensa Unesco- Guillerme Cano (en honor, ao director do períodico colombiano “El Espectador” asasinado por criticar duramente o tema do narcotrafico no país), no que se recoñece o mérito de asociacións ou persoas, que traballan en prol da información en circunstancias perigosas.  Este ano a cidade sobre a que versarán estos actos convocados pola UNESCO será París . A mensaxe é clara:   Unha prensa libre é  xa que logo, a base  dunha sociedade que tamén o sexa.  Mans á obra!




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.