Imaxe de cabeceira
O IES rebole
Unha aproximación ao xornalismo

AVG IES FÉLIX MURIEL 5-4-14A proposta era tan sinxela coma atractiva:  poñer en marcha un gabinete de comunicación no noso IES para tratar de difundir a Semana Solidaria se levou a cabo,  e da que xa se deu boa conta en Bico Da Ría.  O coordinador de tal proxecto non sería outro ca Ángel Suanzes, xornalista da TVG.

Porén, dubideino. Era unha semana de exames, a pesar ó interesante do proxecto (aínda máis para unha teórica aspirante a xornalismo), precisei dun tempo para decidirme. E alégrame dicir que finalmente

me decidín a entrar no proxecto. A experiencia resultou do máis interesante.  Aprendemos como falar cos xornalistas dos diferentes medios para explicarlles a nosa noticia, escribimos notas de prensa, creamos perfís en redes sociais que logo debiamos xestionar, e por suposto, puxemos en marcha unha campaña con coñecidos persoeiros galegos (coma Gayoso ou Fran Velo), para tratar de atoparlle á Semana Solidaria un padriño ou madriña.

Despois de varias xornadas de traballo, comezaron a chegar os resultados. Varios programas radiofónicos interesáronse polas actividades que tratabamos de difundir, e tivemos o privilexio de acudir aos estudos da Cadena Ser, para tratar o tema en directo, no programa “A Vivir Galicia”. Así mesmo, outros programas realizáronnos entrevistas telefónicas, ou incluso acudiron ao centro para realizar a emisión dende o lugar no que se estaban a desenvolver as actividades.

Tamén a TVG estivo interesada na iniciativa do noso IES. Así, o programa a Revista realizou un directo, no que estivemos acompañados do medallista paralímpico Chano Rodríguez e tamén  gravou connosco unha reportaxe para a súa emisión da fin de semana.

Foron dende logo, unhas semanas do máis interesante, onde aprendemos un chisco dos movementos internos do mundo do xornalismo.  Persoalmente, serviume para decidir, que quero coñecelo máis a fondo…

 

 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.