Imaxe de cabeceira
Sabías que...
Na procura da Arca Perdida

A Arca do Barbanza é o punto final ao que 10153794_318297888320822_9019255608294650297_nchegarán todos os camiñantes que se aventuren a realizar a Ruta das Mámoas, no veciño concello de Boiro, e que percorre nunha experiencia única , diferentes manifestacións arqueolóxicas dos nosos ancestros.

Vestixios que se realizaron ao longo de 3500 anos (dende o Neolítico ata finais do Calcolítico) e que aínda hoxe son visibles.

Durante a camiñata, poderemos observar un grande número de mámoas (que eran contrucións en forma de outeiro con pedras e terra, utilizadas para os enterramentos). A ruta discorre polos Chans do Barbanza, polo que poderemos disfrutar de fermosísimas vistas tanto dos propios montes coma da Ría de Muros e Noia.

Dende a Casota do Párama (primeiro monumento megalítico ao que nos achegamos; e que posúe ademais no seu interior dous gravados), atravesando a Poza da Lagoa (onde nos períodos de chuvia atopamos unha pequena lagoa, dende a que temos unhas vistas privilexiadas de toda a Serra)  e o Outeiro Redondo ( unha enorme pedra de granito, que produce un curioso efecto sobre a paisaxe cha e sen vexetación)10268538_318297124987565_1682196568757568462_n

Por último, acadaremos o destino da nosa camiñata: A Arca do Barbanza. Considerada unha das maiores manifestacións do megalitismo do noroeste peninsular e que posúe máis de 5000 anos de antigüidade, e que amosa unha estrutura máis complexa que o resto das mámoas pertencentes ao conxunto arqueolóxico.

Trátase xa que logo, dunha camiñata máis que recomendable onde se conxugan os elementos paisaxísticos e arqueolóxicos, para facernos disfrutar da beleza do noso contorno.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.